Podemos Galicia


359 Members

Canle de Información Podemos Galicia
{links} {LinksTitle}
{/links}
Today Views : 0
Yesterday Views : 0
One Year Views : 6
👏🏻 Marcos Cal ante os berridos e as continuas interrupcións do PP de Feijóo: "Están nerviosos porque póñese en marcha un goberno progresista que vai estar do lado da xente e do medio, e saben que é a antesala de que en Galicia haxa un goberno progresista tamén". O 2020 será o ano do cambio en Galicia. Adiante que Podemos!
2019/11/13 23:50
Hoxe cúmprense 17 anos da maior catástrofe medioambiental da historia de Galicia: o Prestige. Onde as galegas e galegos demos unha lección de solidariedade e dignidade fronte ao goberno irresponsable do PP. #NuncaMáis as nosas costas maltratadas.
2019/11/13 14:41
Boas noites! 🙋‍♀️ ✍🏻 Para rematar o día deixámosvos este interesante artigo de Luca Chao: 'Despedindo a década perdida de Feijóo': "Unha década perdida, na economía, o emprego, o benestar social, nas contas públicas, a industria ou o sistema financeiro. O 10N pode ratificar a fin da maioría absoluta do PP en Galicia". https://praza.gal/opinion/despedindo-a-decada-perdida-de-feijoo
2019/11/13 00:18
👏🏻 Pablo Iglesias anuncia o acordo co PSOE para un goberno de coalición progresista! "Combinamos a experiencia do PSOE coa valentía de Unidas Podemos. Un goberno que traballará polo diálogo para afrontar a crise territorial e a xustiza social como mellor vacina contra a extrema dereita". 😍 Hoxe é un día histórico para o noso país!
2019/11/12 17:33
O fin da era Feijóo está preto. O 2020 será o ano do cambio en Galicia: diremos adeus a unha década de recortes e desemprego co PP. O 10N freamos á ultradereita na nosa terra, agora toca seguir avanzando para mellorar a vida das galegas e galegos. Adiante que Podemos! 🙌🏻 📰 https://praza.gal/politica/a-esquerda-logra-en-galicia-a-sua-maior-vantaxe-historica-sobre-a-dereita-en-eleccions-xerais
2019/11/12 14:25
Grazas ás 185.926 galegas e galegos que confiastes en nós. Somos a terceira forza de Galicia. E como tal seguiremos a traballar, como xa levamos facendo moito tempo, por e para Galicia. ⠀ Pero este 10N déixanos unha mala nova: o crecemento da extrema dereita. Un ascenso que só podemos frealo con políticas sociais. Pese á irresponsabilidade de Sánchez de ir a novas eleccións, afortunadamente o bloque progresista sigue superando ao de dereitas. ⠀ Por iso, desde xa, facemos un chamamento ao PSOE para conformar un goberno esquerdas con estabilidade parlamentaria. ⠀ Que sexa quen de garantir a defensa dos dereitos sociais e civís, das liberdades, a igualdade entre homes e mulleres, un futuro verde, ecolóxico e que poña en marcha a transición enerxética e xusta que necesita o noso país.
2019/11/11 02:46
🗳 Estas son as papeletas que permitirán acadar algo histórico: que Galicia estea no próximo Goberno. 😊 En Común para frear ás dereitas na Coruña e Pontevedra, rachar co bipartidismo en Lugo e Ourense, e ter un goberno de esquerdas. 🔁 Comparte as imaxes deste día con #10NEnComún e #UnidasPodemos10N
2019/11/10 12:34
Irene Montero envíannos unha emotiva mensaxe ás galegas e galegos 😍. ⠀ Grazas! Este domingo faremos historia e conseguiremos que Galicia estea presente no vindeiro Goberno. ⠀ Conta con nós! 💜
2019/11/08 22:32
Galicia nunca estivo tan presente no Congreso como con En Común-Unidas Podemos. Así o din os feitos 👆🏻. Agora temos unha oportunidade histórica de que esta presente no vindeiro Goberno. Faino posible este domingo! 💜 🤳 Twitter: https://twitter.com/Podemos_Galicia/status/1192805249679007746 🖥 Facebook: https://www.facebook.com/podemosengalicia/videos/582831212283053/ 📲 Instagram: https://www.instagram.com/tv/B4m4pIYCibE/?igshid=y38pry51cpm
2019/11/08 17:56
👏🏻 Magnífica Yolanda Díaz no minuto de ouro do Debate da TVG. ⠀ “Este 10N xogámonos moito: as traballadoras precarias que malviven na busca dun emprego digno, a mocidade que sabe que non hai un planeta B, as mulleres que xa sabemos que só si é si. ⠀ Vota En Común-Unidas Podemos”. ⠀ Toca facer o último esforzo. Adiante que Podemos! 💜
2019/11/08 14:43
Boas noites! 🙋‍♀ ✍ Para rematar o día deixámosvos a entrevista a Antón Gómez Reino en Praza, onde fala sobre o 10N e a necesidade de votar Galica En Común ante o avance de Vox e un posible pacto entre PSOE e PP: 💬 "Prestarlle un voto de esquerda o domingo ao PSOE é darllo á dereita". https://praza.gal/politica/a-mellor-forma-de-demostrar-que-podemos-derrotar-a-feijoo-e-formar-un-goberno-de-esquerdas-no-estado
2019/11/07 23:21
🎬 Estreamos novo videoclip! 🙌 💃🕺 Hoxe bailamos ao ritmo de ao ritmo de The Tetas' Van, e a canción #ContaConNós. Sube o volumen e disfruta connosco 😊. ➡️ En Youtube para compartir: https://bit.ly/2K1wnwe
2019/11/07 17:19
Emotiva mensaxe de Pablo Iglesias na Coruña 👏🏻. "Falade cos vosos amigos e familiares, para que nos dean unha oportunidade, só unha. Porque estou convencido que hai moitos votantes do PSOE, socialistas de corazón, que saben que ou estamos nós no Goberno ou o seu partido non fará as cousas que queren eles que se fagan". Quedan só uns días para votar, fagamos o último esforzo. Estamos a xogarnos o futuro do país. Adiante que Podemos! 💜
2019/11/07 13:08
😍 Aínda temos os pelos de punta recordando as case 2.000 persoas emocionadas na Coruña escoitando a Pablo Iglesisas e ás nosas candidatas. 🙌 Un día histórico que merece ser recordado e compartido nas redes. Adiante compañeiras e compañeiros! Adiante que imos En Común! Por #UnGobernoContigo. 🔴 En Youtube 👉🏼 https://bit.ly/32iq5yC
2019/11/06 00:04
📻 Esta noite, ás 21:05, Antón Gómez Reino será entrevistado na Radio Galega para comentar a recta final de campaña e as nosas propostas para mellorar Galicia, como a gratuidade da AP-9 🛣. 🔴 Escoítao aquí: http://www.crtvg.es/rg/rg-en-directo
2019/11/05 15:42
Luca Chao fai balance de dez anos de desgoberno de Feijóo: 💬 "Déixanos un país maís desigual, con maior débeda e peores servizos públicos. Pero este domingo acabarase a maioría do PP en Galicia". 😊 Este 10N temos unha oportunidade histórica, o inicio do camiño para que en 2020 sexa o ano do cambio en Galicia. Adiante que Podemos! 💜
2019/11/05 14:14
Boas de novo! 🙋‍♀️ Deixámosvos unha interesante entrevista a Antón Gómez Reino en La Voz De Galicia: 💬 "Temos a posibilidade de acadar a segunda deputada por A Coruña e Pontevedra e, sobre todo, algo que é moi importante para nós: romper o bipartidismo en Lugo e Ourense". Estamos a piques de conseguilo, adiante que Podemos! 💜 ✍🏻 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/elecciones/2019/11/04/sanchez-pacta-co-pp-sera-principio-do-fin-do-psoe/0003_201911G4P8992.htm
2019/11/04 16:27
Hoxe declara Ángela Rodríguez Pam nos xulgados por defender os postos de traballo do persoal de Alcoa diante do Congreso. E dicímolo alto e claro: #NonÉDelito protexer os dereitos da cidadanía. Volveríamolo facer. Por iso #EuConPam. Orgullo de compañeira! ✊
2019/11/04 13:04
O pobo é quen máis ordena! Emocionante! Cantando todas xuntas na Coruña o 'Grándola Vila Morena' 😍 ao peche do acto con Pablo Iglesias. Por #UnGobernoContigo.
2019/11/03 21:37
😍 Só podemos dicir GRAZAS! Estamos abraidos coa resposta da xente. Case 2.000 persoas no Palexco da Coruña. Impresionante! 💜 Queremos #UnGobernoContigo e ímolo conseguir En Común. Conta con nós! 🙌🏻
2019/11/03 16:53
🙌 Chegou o momento, Pablo Iglesias na Coruña!. 🎥 Podes seguir o acto por streaming nesta ligazón: https://bit.ly/2C5Y7v9 ⏰ 12:30h 📲 Comenta e comparte vídeos e fotos nas redes co HT #UnGobernoContigo
2019/11/03 14:33
🎥 Antón Gómez Reino fixo declaracións sobre o inicio de campaña e o que nos xogamos este 10N. "Estamos moi preto de conseguir a segunda deputada pola Coruña e Pontevedra, ademais de romper co bipartidismo en Ouresen e Lugo 🙌🏻. Temos que mobilizar á xente nova e ás progresistas!"
2019/11/01 18:05
🙌 Arranca a campaña e estreamos novo spot! 😍 Por todas esas persoas que traballan día a día para saír adiante. Polas que loitan por un futuro mellor. Polas galegas e galegos. Por vós! Este 10N saímos a por todas. #ContaConNós
2019/11/01 02:41
🚌 Xa temos as rutas dos buses para vir ao acto de Pablo Iglesias na Coruña este domingo! Apúntaste? Podes facelo aquí: https://participa.podemos.info/necesitas-transporte-acto-pablo-iglesias-acoruna Bule! Non perdas esta oportunidade 🏃‍♀️
2019/11/01 00:36
👋🏼Boas compañeir@s 📍Pasamos a axenda prevista para esta campaña. Comeza #UnhaCampañaContigo✋🏽 XOVES 31 DE OUTUBRO 19:30H A CORUÑA. Iniciaremos a campaña nun acto de pegada conxunta na Praza do Papagaio. Ademais, estaremos toda a xornada no Monty que se ubica na mesma praza 🎵🎶 VENRES 01 DE NOVEMBRO 19:30H OURENSE. Acto central no que contaremos coa presenza de Julio Rodríguez e Enrique Santiago acompañando ás candidatas de Galicia en Común. SÁBADO 02 DE NOVEMBRO 12:00H LUGO. Acto central no que esta vez será Xavi Domenech o que participa xunto ás candidatas de Galicia en Común para amosarlles o seu apoio 💪 18:00H COMPOSTELA 🗣Conversa con Xavi Domenech na que xunto a Yolanda Díaz e Antón Gómez Reino abordarán a cuestión plurinacional. DOMINGO 03 DE NOVIEMBRE 12:00H A CORUÑA. 🚌🚎PABLO IGLESIAS visitará Galicia e participará xunto as cabezas de lista e candidatas de Galicia en Común nun mitin no que temos que desbordar o PALEXCO 👏👏 LUNS 4 DE NOVEMBRO 20:00H PONTEVEDRA. Acto central no que xunto ás candidatas de Galicia en Común contaremos coa presenza de Rafa Mayoral e as eurodiputadas María Eugenia Palop e Sira Rego 🙌 ATENCIÓN 🔝 Non vos perdades a Pablo Iglesias no debate a 5 da televisión pública. 💡Animámosvos a organizar encontros para velo porque xa sabedes que #MellorEnComún MARTES 05 NOVEMBRO 19:00H A CORUÑA. Encontro sectorial no que as candidatas de Galicia en Común falarán sobre distintas problemáticas medioambientais xunto a María Eugenia Palop 🍃🌱🌊 MÉRCORES 6 DE NOVEMBRO 12:00H VIGO 🗣 Conversa na Universidade de candidatas de Galicia en Común xunto a Juan Carlos Monedero. 19:00 VIGO. Acto central de candidatas de Galicia en Común xunto a Juan Carlos Monedero. XOVES 07 DE NOVEMBRO 19:00H FERROL. Acto central no que Gloria Elizo apoiará ás candidatas de Galicia en Común. VENRES 8 DE NOVEMBRO 19:00H COMPOSTELA. Acto de peche de campaña no que será moi importante o teu apoio ás candidatas de Galicia en Común 👭👫👬 SÁBADO 09 DE NOVEMBRO Xornada de reflexión. DOMINGO 10 DE NOVEMBRO COMPOSTELA A partir das 20H as candidatas de Galicia en Común seguirán o reconto dos resultados electorais na sede de Podemos na Praza da Quintana 🍀
2019/10/31 20:38
Queres vir ao acto de Pablo Iglesias na Coruña e non tes como? Non te preocupes, nós recollémoste! Apúntate 👉🏻 https://participa.podemos.info/necesitas-transporte-acto-pablo-iglesias-acoruna para vir connosco no noso bus 🚌 e participa desde día tan emocionante! 😍
2019/10/31 14:46
🎙 Antón Gómez Reino, xunto co resto de candidatos/as, almorzou cos xornalistas para comentar a actualidade política e as enquisas destes días: 💬 "Agora mesmo estamos moi preto de conseguir a segunda deputada pola Coruña e Pontevedra, e ademais, algo fundamental para nós, que é romper o bipartidismo en Lugo e Ourense". 🔛 É vital mobilizar ao electorado progresista que quere un goberno de esquerdas e que Galicia En Común participe do Goberno. 🙌🏻 Temos unha oportunidade histórica de que Galicia estea presente nel. 👉🏻 Maís info → https://bit.ly/2Pvo539
2019/10/30 16:40
Boa tarde a todas e todos! 👋 Deixámosvos esta entrevista co noso secretario xeral, Antón Gómez-Reino, na que analiza o escenario cara ao 10N e fai un repaso do papel das deputadas de En Común dende a moción de censura que fixo presidente a Sánchez. Botádelle un ollo e compartide nas vosas redes! 📲 https://www.sermosgaliza.gal/articulo/politica/anton-gomez-reino-numero-pola-coruna-galicia-comun/20191028150320085973.html
2019/10/29 20:05
🙌🏻 Xa están dispoñibles os marcos de Galicia En Común para a foto de perfil de Facebook! Segue estes sinxelos pasos para ter o teu: 1️⃣ ACTUALIZAR foto de perfil. 2️⃣ AGREGAR marco. 3️⃣ Buscar temas: "encomún". Logo podédela descargar e usar para Whatsapp, Twitter ou Instagram. Cada pequeno xesto conta 😊.
2019/10/29 13:43
😍 Pablo Iglesias estará connosco este domingo 3 de novembro! ⠀ Coa ilusión da primeira vez, e coa emoción de ir En Común, no Palexco, ás 12:30, non faltes! ⠀ Esperámoste! 😊
2019/10/29 00:50
😍 Pasámolo en grande en Santiago de Compostela 🙌🏻. Rimos, conversamos, bailamos, e os máis pequenos desfrutaron xogando pintándose a faciana con cores e debuxos. Unha xornada ao ritmo do grupo 'The Tetas Van', coa que collimos forza de cara ao 10N. ⠀ Conta con nós para ter un goberno progresista que mire polas galegas e galegos 💜. 📸 Todas as fotos aquí: https://bit.ly/31Vchts
2019/10/28 14:45
Antón Gómez Reino estivo esta mañá apoiando ás xogadoras do Depor que irán á folga para loitar por un convenio xusto. 💬 "Temos un equipo de elite, que é un exemplo. Está sacando un resultados moi bos, pero ademais son referente na loita dos dereitos das mulleres no deporte feminino". 👏🏻 Están a facer historia, son un orgullo para toda a cidade da Coruña e tamén para Galicia.
2019/10/27 17:45
😍 Pablo Iglesias estará connosco o domingo 3 de Novembro na Coruña! Cada vez queda menos para o 10N 😊. Recorda para que hoxe temos unha cita na Sala Capitol en Compostela con música en vivo para coller forzas 💪. Conta con nós para para seguir construíndo Galicia En Común. Adiante que Podemos! 🙌 📰 https://www.20minutos.es/noticia/4030006/0/pablo-iglesias-arropara-a-los-candidatos-de-galicia-en-comun-en-un-mitin-en-a-coruna-el-3-de-noviembre/
2019/10/26 10:49
Bos días! 🙋‍♀️ ✍🏻 Deixámosvos unha interesante entrevista a Antón Gómez Reino coa que comezar a mañá: "A LOMCE, a Lei Mordaza e a Reforma Laboral son metáforas perfectas coas que se pode entender como o PSOE predica unha cousa en campaña e fai logo outra cando está no goberno". 📰 https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1608871/gomez-reino-comun-10n-gallegos-sabran-fuerza-representa-espacio-cambio
2019/10/25 10:45
🗓 Esta tarde, ás 18.30, en Vigo. Esperámoste nun fermoso acto feminista coa periodista Cristina Fallarás e as nosas candidatas Yolanda Díaz e Ángela Rodríguez: 👭 As mulleres contan.
2019/10/24 11:08
#CumplimosContigo devolvéndoche o achegado nas anteriores eleccións 😎. Agora necesitamos un pequeño esforzo máis 🙏. Non queremos depender dos bancos, só nos queremos deber a ti 😍. Colabora co teu microcrédito en: https://participa.podemos.info/microcreditos/
2019/10/23 12:53
Xa conseguimos a maior subida da historia do salario mínimo. Agora toca protexer o medio ambiente e conseguir unha Galicia máis feminista. #ContaConNós para facelo! 🙌🏻 Adiante que En Común Podemos! 💜
2019/10/22 15:11
Luca Chao valorou esta mañá os orzamentos presentados por Feijóo para Galicia: "Pasará á historia por ser o único Presidente que recortou en gasto social ao tempo que aumenta a débeda ata tres veces máis do que o fixeran cinco presidentes en 27 anos". 🎥 Rolda de prensa completa: https://youtu.be/XfEo2K3nuC8
2019/10/21 23:33
#QuienTieneQueDormir es ti, a xente traballadora, a que paga impostos no noso país, e que se deixa a pel cada día para chegar a fin de mes. Este 10N saímos a gañar por ti! En Común farémolo posible! 💜
2019/10/21 13:43
Presentamos o noso #ProgramaEnComún para o 10N! Cun único obxectivo: mellorar a vida das galegas e galegos 😍. Como? 👫 Poñendo á xente no centro das políticas. 🔛 Con máis democracia para reforzar os dereitos e liberdades. 🏗 Transformando o modelo produtivo. 🌍 Reformando o modelo de Estado. Aquí podedes ler o programa enteiro 📚 → https://bit.ly/35PY3NA
2019/10/19 12:48
Medidas para mellorar a vida da xente, para coidar das nosas rísas, praias, e dos nosos montes. Para mellorar a sanidade, a educación, a conciliación, e acabar coa precariedade. Medidas para unha Galicia mellor. Ven coñecer o noso programa electoral. Esperámoste! 😊 🗓 Sábado 19 ás 11:00. 📍 Praza da Quintana n°3.
2019/10/18 14:31
Queremos ir cara o 10N coa máxima enerxía 💪🏻 . Xogámonos o futuro do país: avanzar ou retroceder. Precisamos da túa axuda! Este 26 de Outubro temos un encontro contigo 🙌🏻 na Sala Capitol en Compostela con música 🔝 en directo, apúntaste? Só tes que inscribirte en: https://participa.podemos.info/encontro-inscritas
2019/10/17 12:43
📸 Antón Gómez Reino, Ángela Rodríguez Pam e Yolanda Díaz acompañando aos nosos maiores 👨‍🦳👵 para reclamar pensións dignas goberne quen goberne. Porque é o seu dereito. Por todo o que fixeron por nós e polo país. 😍 Orgullo poder estar con eles nun día como hoxe!
2019/10/17 00:00
Hoxe presentamos o noso lema de cara ás vindeiras eleccións xerais do 10N: 'Conta con nós'. 😊 Por todo o traballo feito a prol das galegas e galegos estes anos. 😎 Porque nunca Galicia tivo tanto voz no Parlamento. 💚 Para frear o cambio climático e coidar das nosas rías e montes. 💜 Por unha Galicia feminista libre de violencias machistas. ❤️ Pola defensa dos sectores produtivos galegos, e poñer fin á precariedade. #ContaConNós para seguir mellorando a vida da xente, subir o SMI ou baixar os alugueres 🙌🏻. Máis info → https://bit.ly/31d0Ehj
2019/10/14 17:29
Presentamos a campaña #PodemosVivirSenPlástico. Queremos que Galicia 😍 sexa pioneira no Estado en acadar plásticos cero dun só uso. Non hai 'planeta B' e polo tanto hai que tomar medidas ao respecto: 🔚 Eliminar plásticos dun só uso. ✅ Incentivar o uso de bolsas de tela. ♻️ Impulsar campañas de uso de envases de material biodegradable. Levaremos estas medidas a tódalas institucións, desde o ámbito municipal, ata o Consello de Europa, pasando tamén polo Parlamento Galego e o Congreso dos Deputados. Por un futuro sustentable! 🙌🏻
2019/10/11 16:37
"O Goberno de Feijóo non fai nada por defender a industria galega 🏭 (Isowat, Poligal, as auxiliares de Ferrol e Barreras...). O resultado: peches e despedimentos". 👏🏻 Así defendeu Luca Chao a nosa proposta, aprobada por unanimidade 😊, de instar á Xunta a que busque un inversor para Vulcano.
2019/10/10 14:45
Julia Torregosa sácalle as cores á Feijóo pola súa nefasta xestión económica: 📉 Menos persoas traballando hoxe en Galicia que cando chegou ao goberno . 😱 Único Presidente da historia da Xunta en conseguilo. 👎🏻 Comunidade coa peor evolución do emprego na última década. 🤦‍♀️ Todo isto pese a tres maiorías absolutas durante tres lexislaturas. Un resultado desastroso que fai patente a necesidade de cambio en Galicia. As galegas e galegos merecemos un Presidente mellor. E 2020 será o ano para conseguilo!
2019/10/09 15:22
📻 Luca Chao foi entrevistada esta mañá na Radio Galega sobre, entre outras cousas, as vindeiras eleccións autonómicas: 🎙 "A alternativa a Feijóo pasa por un acordo das forzas que estamos na oposición, e por nós non vai quedar que en 2020 se poña fin a esta década negra". 🔛 Entrevista enteira: http://www.crtvg.es/rg/podcast/galicia-por-diante-fin-de-semana-galicia-por-diante-fin-de-semana-do-dia-06-10-2019-4193580?t=1405
2019/10/06 16:14
👏🏻 Enorme Pablo Iglesias no acto de hoxe: "Golpeáronnos durísimo e de todas as formas posibles. Eu sei como sufríchedes moitas e moitos de vós estes últimos anos. Pero o que non te mata, faite máis forte. E esas cicatrices tennos que facer máis fortes para asumir o reto que temos por diante o 10N". 🔛 Co poder da xente claro que se pode! Colabora na campaña uníndote á nosa canle https://t.me/GaliciaUnidasPodemos Adiante! 💪🏻
2019/10/05 17:13
Mentres o PP mira para outro lado, nós propoñemos medidas para impulsar a industria da automoción coa mirada larga dun país máis sustentable: 🔬 Axudas en I+D+I para vehículos eléctricos. 🔋 Investimento para novas tecnoloxías de baterías galegas. 🚙 Renovación da flota pública con coches eléctricos. 🔌 Rede pública de puntos de recarga. Apostemos polo I+D+I e sexamos líderes na transición ecolóxica. Pode facerse!
2019/10/03 18:30
🏭 Un goberno serio e comprometido con Galicia tería un Plan de Transición e Recolocación para as máis de 700 persoas afectadas polo peche da central térmica das Pontes, pero o de Feijóo non o é. Merecemos outro Presidente. 🎙 "Non é un caso illado. É todo un exemplo dun proceso acelerado de desindustrialización que estamos padecendo 👇🏻". 🔹 Case a metade (22.500 persoas) do emprego destruído na última década do goberno Feijóo é industrial. 🔹 1 de cada 3 postos de emprego industriais que se perderon no conxunto do Estado foron en Galicia. 🎥 Rolda de prensa completa: https://youtu.be/5QkaBwRJnnk
2019/09/30 16:55
👏🏻 Marabillosa Luca Chao no Debate do Estado da Nación recoñecendo a gran labor dos colectivos: "Traemos aquí as demandas das enfermeiras en loita, dos traballadores de Defende a Galega, da mocidade en folga polo clima, e do movemento feminista. Grazas por lembrarnos cada día que hai que saír a defender o pan e a alegría!". 🤳 Comparte en instagram —> https://www.instagram.com/p/B27PXKtj-Gr/?igshid=1elsnmla6h3aq
2019/09/27 22:36
👏🏻 Magnífica Luca Chao na presentación das nosas 40 resolucións para mellorar Galicia: "Asistimos ao derradeiro Debate do Estado da Nación de Feijóo como Presidente. Só falta un ano para que a xeración que o PP expulsou deste país volva para gobernalo". 📄 Documento coas 40 resolucións: https://drive.google.com/file/d/123xtdetiRYWhqF6cw8wbtZmnty_ic8WB/view?usp=sharing 🎥 Rolda de prensa completa: https://youtu.be/i_EXWz8tpU4
2019/09/26 18:36
😊 Queres facer a túa achega para as eleccións xerais? É a maneira de que sigamos sendo libres e non deverlle diñeiro aos bancos. Que o noso único acredor sexas ti. 🔛 Sigue os pasos da infografía. 🔜 Cando nos ingresen a subvención electoral devolverémosche o 100% dos cartos achegados. Faino aquí —> https://microcreditos.podemos.info/
2019/09/26 12:28
Esta semana celébrase o Debate do Estado da Nación no Parlamento de Galicia onde presentaremos 40 resolucións para ter un país: máis feminista, máis verde e máis social. Fundamentadas en: ✅ Blindar os servizos públicos. 🖐🏻 Loita contra as violencias machistas. ♻️ Transición ecolóxica xusta para coidar do noso planeta. "Porque hoxe, miremos os datos que miremos, Galicia está peor que en 2009, cando Feijóo chegou ao Goberno" tal e como sinala a nosa deputada Luca Chao.
2019/09/23 16:46
Hoxe é o Día da Visibilidade Bisexual! 👫👬👭 Fuxamos de establecer barreiras e normas artificiais ao amor, aos sentimentos, á afinidade. Poñamos por diante sempre a liberdade afectivo/sexual de cada quen. Como ben di no seu artigo, Ángela Rodríguez Pam, do Huffingtonpost: "Construamos unha sexualidade na que todos podamos gozar libremente por igual". ✍🏻 https://www.huffingtonpost.es/entry/reflexiones-bisexuales_es_5d87ec77e4b070d468ce8f9b
2019/09/23 15:10
edit photo
2019/09/23 12:24
Ante as acusacións de 'atentado contra a autoridade' no día das mobilizacións dos traballadores de Alcoa fronte ao Congreso das Deputadas: 1️⃣ Queremos expresar a nosa total solidariedade cos dirixentes sindicais tamén investigados. 2️⃣ Os traballadores de Alcoa son exemplo de como mobilizarse cívicamente en defensa dos seus postos de traballo, e como xa fixeran noutras ocasións diante tamén do Congreso das Deputadas para protestar fronte á inacción sistemática do Goberno. 3️⃣ Afortunadamente todo o mundo sabe o que aconteceu aquel día. Unha situación muy mal xestionada pola Delegación do Goberno. E que tanto Antón Gómez Reino, como Yolanda Díaz, Rafa Mayoral e Ángela Rodríguez, no exercicio da súa labor como cargos públicos, o que intentaron en todo momento foi, evidentemente, dialogar e mediar nesa situación. 4️⃣ Polo tanto, non entendemos que se investigue aos traballadores, nin a Antón Gómez Reino, Yolanda Díaz e Rafa Mayoral, deputadas de Unidas Podemos, así como á nosa compañeira Ángela Rodríguez Pam. 5️⃣ Nós seguiremos a defender os dereitos das persoas traballadoras do noso país, porque para iso chegamos ás institucións. Sempre nos terán ao seu lado. Toda a rolda de prensa aquí —> http://cort.as/-RFKC
2019/09/19 18:18
edit photo
2019/09/19 14:20
♀ Onte saímos ás rúas de toda Galicia en repulsa do triplo asasinato machista de Valga. Non aturamos máis esta situación, querémonos vivas! Mañá volvemos na 'Noite Violeta' pola #EmerxenciaFeminista. Xuntas contra o machismo! 💜
2019/09/19 14:20
👏🏻 Antón Gómez Reino interviu onte no Congreso para pedir a declaración de Zona Catastrófica nas zonas afectadas por lumes 🔥e inundacións 🌊: "Fagan un Consello de Ministros para aprobala. Galicia, Navarra, Aragón, Extremadura, Baleares, Castilla La Mancha e León, Cataluña e Valencia están a esperalo". E sinalou as dúas razóns fundamentais destas catástrofes: 1️⃣ O cambio climático e a falta de políticas para combatilo. 2️⃣ A especulación e o incumplimento da normativa urbanística durante gobernos do PSOE e PP, que favorecen as inundacións.
2019/09/18 14:47
Na reunión de onte co Xefe do Estado trasladámoslle a nosa vontade para que non haxa repetición electoral e que se forme un Goberno de progreso. A chave está nas mans de Sánchez, se quere pode. Ademais das demandas fundamentais para Galicia: 💰 Os 700 millóns dos anticipos a conta. Unha cifra que representa case o 10% do orzamento anual. 🚉 Verdade e reparación para as vítimas do Alvia. Xa pasaron seis anos e seguimos sen coñecer o que pasou e sen que se depuren responsabilidades. 🚗 A transferencia da AP-9.
2019/09/17 13:58
Esta mañá, Antón Gómez Reino, Yolanda Díaz e José Manuel Sande ofreceron unha rolda de prensa para informar de que pediremos a creación dunha Comisión de Investigación Parlamentaria 🏛 co obxectivo de esclarecer as causas do accidente do Alvia 🚊. Son xa seis anos de calvario para as familias das vítimas, "que non son capaces de pasar o duelo porque non se abordaron as responsabilidades do que aconteceu" como sinalou a propia Yolanda Díaz. Por iso, como explicou Antón Gómez Reino: "tratamos, de forma humilde, poñer sobre a mesa as reivindicacións das vítimas: que haxa xustiza e reparación dun accidente que xerou moito sufrimento. E que se depuren responsabilidades politicas". Ademais desde o Senado tamén faremos o propio, da man de José Manuel Sande, para "respaldar a creación da Comisión Alvia, e exercer a presión necesaria para esclarecer a verdade e paliar o atraso histórico de Galicia en infraestruturas 🛤". Máis info 👉 https://bit.ly/2kyC0IO
2019/09/13 15:38
Hoxe presentamos unha solución ao bloqueo (👉🏻 http://cort.as/-QSY2) para conformar o goberno que o Estado precisa, pero hai unha parte que xa decidiu ir a eleccións e non está disposta a chegar a un acordo. 😔 Esforzos, xestos, chamadas, novas fórmulas... nada parece servir. Mentres tanto Casado e as dereitas, felices. Unha nova oportunidade para elas de conseguir aquilo que non acadaron o 28A.:
2019/09/12 23:25
👏🏻 Magnífico Marcos Cal sacándolle as cores ao PP: "As últimas modificacións firmadas de Formento con Audasa sobre a AP-9 son do PP. Por que non firmaron unha rebaixa das peaxes?". 🛣 Pero nós témolo claro: AP-9 pública e gratuíta.
2019/09/12 21:03
🙌🏻 Boas! Estamos de estra! 🔛 O Grupo Común da Esquerda inaugura as súas redes sociais! Nelas poderás: 😊 Coñecer toda a labora que levan a cabo no Parlamento de Galicia. 🗣 Coñecer os posicionamentos políticos. 📺 Estar ao tanto das aparicións, artigos ou entrevistas nos medios de comunicación. Sígueos nas seguintes ligazóns: - Télegram: https://t.me/comundaesquerda - Facebook: https://www.facebook.com/ComundaEsquerda/ - Twitter: https://twitter.com/ComundaEsquerda - Instagram: https://www.instagram.com/comundaesquerda/ - YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCthYZ-OhjQYgpRqHpFEiV5A?view_as=subscriber
2019/09/11 17:41
Luca Chao falou, na primeira rolda de prensa como voceira do Grupo Común da Esquerda, sobre os incendios, que ano tras ano, arrasan a nosa terra: 🤦‍♀️ "Galicia representa menos do 6% da superficie estatal, sen embargo no noso país prodúcense o 70% dos incendios 🔥". 🔛 "Precisamos reformas de gran calado no que ten que ver co rural: políticas agrarias, gandeiras, forestais e ambientais". 😡 "Lamentablemente en Galicia as políticas forestais están sometidas aos intereses dos amigos do PP. Para mostra un botón: o Plan Forestal aprobado polo PP sinala que aumentará a superficie de eucalipto un 8% en 20 anos".
2019/09/10 14:00
🔥 Galicia arde cada ano de maneira máis feroz. E ante isto só queda actuar: 🔛 Precisamos un Goberno que loite contra o cambio climático e que antepoña a calidade dos nosos montes aos beneficios das madereiras. Feijóo non o está a facer 😔. ✍🏻 Urxe un plan de ordenación forestal acorde á idiosincrasia galega, que teña carácter preventivo e que coide do noso medio. Non queremos máis terra queimada, nin máis persoas tendo que fuxir das súas casas, queremos unha Galicia verde e segura. 📰 https://www.20minutos.es/noticia/3755939/0/podemos-galicia-aboga-por-modelo-forestal-que-no-este-al-servicio-ence-para-luchar-contra-incendios/
2019/09/09 13:20
1